25N (2024)


A Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, pediume que fixera o cartaz polo día do 25 de Novembro. Quixen facer un cartaz reflectindo a diversidade e a loita que supón conmemoracións como esta.
Amigas (2024)
M. e Cherry son moi amiguiñas e comparten o pan.

Totora (2024)
Fran quixo un retrato de Victoria Armesto “Totora” para poñer no despacho. Dinme a liberdade de experimentar e descubrín que me gusta debuxar flores.

Non chores, que aínda hai tempo de chorar… (2023)
Ana quería facerlle un agasallo ben lindo á súa irmá cunha frase do documental Dorothé na Vila (2020) de Olaia Tubío Alejandro Gándara. A partir dunha batería de imaxes súas e outro tipo de referencias, resultou nesta colorida tira.


Non te cases miña irman-e… (2023)
Sara quixo ter un detalle coa súa irmá e encargou estas viñetas para lembrarlle que teñen un pacto entre elas e coas romarías.

Queres ver máis traballos meus? Visita o meu Instagram!



