
son Afra Torrado. nacín no ano 97 entre eucaliptos e cables de alta tensión. cando escribín isto para a bio da antoloxía No seu despregar (Apiario, 2016) esquecín dicir que ese sitio é Bamio. fíxeno sen querer e decateime a terceira ou cuarta vez que o lin. son un desastre.
rematei Belas Artes no 2019 e unha FP de Artes Gráficas en 2021, creo. teño catro gatas, morreume a planta de prixel e publiquei poemas en Dorna e Ligeia. o meu prixel chamábase Atilano.
son coordinadore de Infumable, un fanzine literario (plus) que fago desde 2015 coa Orballo. tamén inventei unha non-editora xunto co Pablo Rodríguez en 2018, Leite Edicións. ademais, teño unha Substack, onde escribo cando teño algo importante que dicir.
En novembro de 2023 publiquei o meu primeiro cómic, Fago o que podo, na editorial Rodolfo e Priscila co que gañei o Premio Follas Novas 2024 na categoria de Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor. Foi mellor do que pensaba e probablemente por iso chegaches aquí.
Estiven dada de alta como autónome ata que fun chamada ás filas da educación. Actualmente estou opositando e aprendendo a botar o tarot por se o anterior falla.
publicacións
Fago o que podo (2023). Rodolfo e priscila. Ver.
publicacións colectivas
Festa rachada (2025). [fanzine] Edicións Baixo Terra. Ver.
Cartas do inferno (2024). [fanzine] Edicións Baixo Terra. Ver.
Entre leiras e labores: antoloxía verbo-visual de autoras galegas (2022). Urutau. Ver.
Poesía Galega Novísima (2020). Urutau. Ver.
No seu despregar (2016). Apiario. Ver.
revistas
Dorna: Expresión Poética Galega nº45 (2023)
Ligeia: Revista de literatura, xornalismo e investigación nº2 (novembro/febreiro 2018-2019)
Dorna: Expresión Poética Galega nº41 (2018)
Dorna: Expresión Poética Galega nº40 (2017)
exposicións
Eu por dentro (2024). Casa da Xuventude, Vilagarcía de Arousa.
Mete coitelo, bota tripas. Nómades: entre a palabra e a imaxe (2022). Libraría Biblos, Betanzos.
exposicións colectivas
Do final e do comezo (2019). Pazo da Cultura, Pontevedra.
prensa
(é que cartas de recomendación non teño)
Aparición no programa Terra de Cómics. AGalega. 2025
Un Día de la Ilustración en pie de guerra contra la IA. Faro de Vigo. 31.1.25
Afra Torrado, autora de «Fago o que podo»: «Este libro foi terapéutico, e a acollida aínda o está sendo máis». La Voz de Galicia. 10.6.24
Afra Torrado, escritore: “Penso moito na adolescencia; é importante abordar temáticas nas que non teñen referentes”. Nós Diario. 7.6.24
As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”. O Salto. 17.5.24
Os Premios Follas Novas recoñecen a Susana S. Arins ou Silvia Penas nunha edición dominada polas escritoras. Praza Pública. 11.5.24
‘Fago o que podo’, de Afra Torrado, un cómic sobre a loita contra a síndrome da impostora. G24.gal. 30.1.24
Un fanzine con ISBN. O Salto. 31.12.24
Fago o que podo,caixón de xastre. Faro de Vigo.14.12.24
Existir na palabra escrita. Nós Diario. 28.5.24
“Eu son nas viñetas tal cal son na vida real”. Diario de Pontevedra. 11.12.23
Afra Torrado: «O humor é o meu mecanismo de defensa. Son eu así». Vinte. 29.11.23
Editar nas marxes en galego: catro proxectos que transitan o literario desde ópticas diverxentes. Praza Pública. 13.06.21
Os detractores de ‘Galifornia’ xa teñen camiseta. Faro de Vigo. 21.6.18